Friday 22 de November de 2024

Urbanismo mellorará a accesibilidade na contorna do Kiosco Alfonso


Colocará unha rampla en substitución da que se instalou de maneira provisional cando se acometeron as obras do tritúnel
O concello conta co visto bo por parte de Patrimonio para poder iniciar as obras en que eliminará unha rampla provisional que se instalou nas proximidades do Kiosco Alfonso cando se acometeu a actuación do tritúnel. Este elemento de morteiro e un valado de obra cravado substituirase por outro que mellorará a accesibilidade na contorna así como a estética ao ser acorde co sitio en que está, rodeado de dous edificios catalogados como son o Kiosco Alfonso e A Terraza e mais polos xardíns de Méndez Núñez.
Por outra parte, colocaranse novos aparcabicicletas para favorecer a mobilidade branda na cidade. A maiores, porase unha varanda de protección atendendo a unha petición que se formulou desde Seguridade Cidadá co fin de evitar que a veciñanza cruce de noite aos locais de ocio de Palexco fóra do paso peonil.