As chamas calcinaron 40.000 metros cadrados de monte raso
Tres unidades de Bombeiros da Coruña xunto a unha unidade de bombeiros da Xunta sofocaron esta tarde un incendio forestal que se iniciou ás 14.30 horas na zona de Cuatro Vientos, en San Pedro de Visma, entre a estrada que baixa ao Portiño e a que sobe cara ao Monte de San Pedro. O lume calcinou 40.000 metros cadrados de monte raso. Tamén acudiu ao incendio un helicóptero da Xunta para axudar nos labores de extinción. O incendio quedou totalmente extinguido ás 17.30 horas.