Tras contactar directamente coa Consellería de Sanidade e estudar as medidas de restrición que acaban de anunciar desde a Xunta, o concello fai un novo chamamento á veciñanza para entre todas/os realizarmos un esforzo co fin de determos a evolución da pandemia na nosa comarca. Apoiamos a decisión da Xunta e entendémola, por iso nos vemos na obriga de termos que suspender todos os espectáculos incluídos dentro das Festas de María Pita e do 34 Festival Noroeste Estrella Galicia. Sentímolo moito polo público e a comunidade de creadoras/es que tiñan tanta ilusión en compartiren a súa impronta mais garantirmos a seguridade das e dos coruñeses é a nosa prioridade, polo que vemos necesario cancelarmos estes eventos. A saúde é o principal.
Articulos relacionados
Camariñas presentará a súa campaña turística e a a XXXIV Mostra do Encaixe en Madrid, na Feira Internacional de Turismo ‘Fitur’ 2025
enero 16, 2025 Comments are off 0 visitas
Sandra Insua presentará o xoves 23 de xaneiro, no stand de Turespaña, a campaña turística ...
Venda de fume do Goberno do Sr Mouriño: Non hai convenio coa Xunta para facer as gradas dos Capelos
No mes de Outubro de 2025 o Goberno municipal anunciou a signatura dun convenio coa ...
O Goberno local licitará a reforma do centro García Sabell e adxudicará o proxecto de 50 vivendas en Xuxán
diciembre 15, 2020 Comments are off 23 visitas
A Xunta de Goberno Local aprobará mañá en sesión ordinaria un proxecto para mellorar a ...
