Terá lugar o vindeiro sábado 8 de agosto, entre as 10 e as 21 horas, na carpa ubicada no Campín (Avda. da Paz, 2). Ao mediodía estará amenizado pola charanga BRASSICA RAPA.
Organizado pola asociación ComCariño, participan os seguintes comercios:
– D&M Moda Infantil
– Atmósfera Sport
– Bamby Moda Infantil
– Zen Cosmética
– O Xardín Flor&Deco
– Merchandising ComCariño
BRASSICA RAPA
Brassica Rapa é unha brass band nacida a finais do 2017 buscando darlle unha volta ao concepto de charanga. Formada íntegramente por rapazas, tocan instrumentos de vento metal e percusión e crean unha atmosfera alegre coa súa música, de repertorio coñecido e fresco, coa que a festa está asegurada. Trompeta, trompa, dous trombóns, un saxo alto, unha tuba, unha caixa e un bombo compoñen a súa formación, que pretende reivindicar a presenza da muller neste tipo de agrupacións a través da troula.
Brassica Rapa ofrecen un espectáculo moi variado que mestura música instrumental e vogal coa multipercusión. O seu repertorio vai de grandes éxitos do pop á música tradicional galega, pasando por temas máis jazz, música actual reivindicativa ou bandas sonoras de películas. Recollen sobre todo influencias das brass bands neoiorquinas, pero tamén das big bands ou das charangas tradicionais. As compoñentes veñen de distintos percorridos dentro do mundo da música, e de agrupacións coma Liska!, Banda Xangai, Timparrantela ou Biribirlocke.