Ambos os dous representantes de Unicef realizaron un relatorio da situación actual da infancia así como dos avances conseguidos nos últimos anos
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse hoxe cos novos representantes institucionais de Unicef en España e en Galicia, Carmelo Angulo e Myriam Garabito, respectivamente, e garantiu o apoio da Xunta á defensa dos dereitos dos menores.
Durante a reunión, ambos os dous representantes de Unicef realizaron un relatorio da situación actual da infancia nos países nos que traballa así como dos avances conseguidos nos últimos anos.