A Concellaría de Mobilidade e Seguridade Cidadán informa aos veciños e veciñas residentes das rúas das Hortas, Calzada do Carme de Abaixo, Campo das Hortas, Entregaleras, Galeras, dende o número 2 ata o 32, que poden solicitar as súa Tarxeta de Aparcamento de Residentes Zona 7-San Lourenzo a partir do 10 de agosto.
Para acceder á Tarxeta os/as solicitantes deben reunir os requisitos legalmente esixibles, segundo as determinacións contidas nos artigos 7 e 8 da Ordenanza do Sistema de Ordenación de Tráfico e Aparcamento de Residentes. Terán formular a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello previa cita.
Cómpre lembrar que a Xunta de Goberno do pasado 20 de xullo aprobou a incorporación de 39 novas prazas de residentes da zona 7 (San Lourenzo), distribuídas do seguinte xeito: 12 prazas na rúa de Salvador Allende (no seu tramo final, fronte ao colexio Raiña Fabiola), 18 na rúa de Entregaleras e 9 na rúa de Galeras (entre o cruce do Pombal e a rúa do Presidente Salvador Allende).
Castrón Douro e Patio de Madres
Por outra parte, veñen de incluírse no réxime de residentes da Zona Verde 6-Sar, as rúas do Castrón Douro e do Patio de Madres e a ruela do Pisón. Por este motivo, os/as veciños/as das rúas de Castrón Douro e do Patio de Madres que posúen tarxetas da Zona azul O.R.A. deberán escoller entre permanecer no réxime da O.R.A. ou cambiar o réxime da Zona Verde de Sar, incluíndose xa as novas solicitudes destas rúas como Zona Verde de Sar, Zona 6.
Na mencionada Xunta de Goberno tamén se acordara incorporar 34 prazas ao sistema da ORA neste ámbito: 6 prazas na rúa do Patio de Madres, en réxime de curta duración; 9 prazas na rúa de Concepción Arenal, en réxime xeral; e 19 prazas da ORA, en réxime xeral, na rúa de Pitelos, que xa están funcionado dende o 23 de xuño