Sunday 24 de November de 2024

O Concello da luz verde aos orzamentos con 50.000 euros menos debido ás alegacións presentadas polo Partido Popular e apoiada polo grupo non adscrito


O alcalde, Iago Toba, insistiu na necesidade de ‘comezar canto antes a traballar pola veciñanza nunha nova etapa para o Concello de Muxía’, sinalou o rexedor.
O Concello de Muxía da luz verde aos orzamentos con 50.000 euros menos debido ás alegacións presentadas polo Partido Popular e apoiada polo grupo non adscrito.
O alcalde, Iago Toba, insistiu na necesidade de ‘comezar canto antes a traballar pola veciñanza, nunha nova etapa para o Concello de Muxía’, insistiu. Á sesión, que se celebrou ás 12:00 horas no salón de plenos, tan só acudiu Mónica Vilela dos concelleiros non adscritos.
Os populares decidiron restar do orzamento partidas adicadas a unha bolsa de emprego, da adicación de Mónica Vilela, da partida adicada á Asociación de Camiños Muxía-Fisterra, publicidade para festas, publicidade para órganos de goberno e das dotacións económicas adicadas a mantemento e brigadas.
O alcalde, Iago Toba, subliñou que ‘este movemento atisba unha clara estratexia política e non unha decisión para o benestar da veciñanza. Quen saiba un pouco de orzamentos sabe que os cartos destas partidas pódense destinar a outras, e grazas a este movemento orquestado polo Partido Popular e os ex-socialistas o único que conseguiu foi restarlle 50.000 euros á veciñanza’, rematou.
O rexedor muxián convidou, por outra banda ‘e si tan mal lle fixen a meu pobo, presentar unha moción de censura amparada co compromiso escuro entre o Partido Popular e os membros do grupo non adscrito. Estamos en política para tomar decisións valentes. Eu decidín gobernar en minoría porque creo que é o mellor para Muxía. Se vostedes cren que o mellor para o noso municipio é que non sexa
alcalde, sexan valentes e presenten a moción de censura’, explicou. Novas áreas de goberno Conforme á renuncia das actas do Partido Socialista por parte dos concelleiros Mónica Vilela, Manuel Caramés, Tania Romero e Irma García e o seu paso ao grupo dos non adscritos, as áreas de goberno estarán xestionadas polo alcalde, Iago Toba; Olalla Benlloch e Javier Romar.
O rexedor asumirá as carteiras de Servizos Sociais, Emprego, Turismo e Medio Ambiente. Olalla Benlloch asumirá as áreas de Educación, Cultura, Igualdade e Xuventude. Javier Romar, pola súa banda, adicarase a Obras, Parroquias e Medio Rural.