O documento aprobouse no Pleno celebrado esta tarde no salón de actos do Centro Cívico, debido á normativa da COVID-19
O Concello de Malpica contará cun orzamento de 4,8 millóns de euros para o exercicio 2020. O documento aprobouse no Pleno celebrado esta tarde no salón de actos do Centro Cívico, debido á normativa da COVID-19.
Así, no capítulo de gastos, estarán adicados 1.694.842 euros aos gastos de persoal; 2.384.499,89 euros para gastos correntes en bens e servizos; 10.000 euros para gastos financeiros; 216.390,5 euros para gastos correntes; 514.833,32 euros para inversións reais e 20.000 euros para operacións financieiras.
No capítulo de ingresos, destácanse os 1.407.734,28 euros para impostos directos; 16.653,02 euros para impostos indirectos; 933.972,00 euros para taxas, prezos públicos e outros ingresos; 2.186.273,82 euros para transferencias correntes; 275.883,32 euros para transferencias de capital e 20.000 euros para activos financeiros.
Na sesión, tomou posesión o concelleiro Sergio Manuel García, que subtitúe a Tamara Torrado no equipo de goberno, e a quen a totalidade da corporación lle deu a benvida.
Ratificouse tamén a resolución 280/2020, da aprobación do POS+ Adicional 2/2020 para o financiamento da obra de construción dos vestiarios do campo de fútbol de Buño por unanimidade.
O alcalde, Walter Pardo, destacou que ‘agora que temos os orzamentos aprobados poderemos marcar o camiño da mellora do noso pobo. Para nós sacar adiante este documento antollábase fundamental, e Malpica verá reflictido isto nun breve espazo de tempo’, afirma o rexedor. ‘Seguiremos a nosa aposta polas infraestruturas de calidade, a cultura e prestar servizos para aumentar o benestar da nosa comunidade, a todos os niveis e en todos os ámbitos’, sentenciou Pardo.