Friday 22 de November de 2024

Buño comeza hoxe a súa particular Mostra de Olaría, adaptada á normativa da COVID-19


Buño comeza hoxe a súa particular Mostra de Olaría, que estará adaptada á normativa da COVID-19. Será ás 19:00 horas coa exposición dos/as oleiros/as no Ecomuseo Forno do Forte (esta exposición poderá visitarse durante todo o mes de agosto).
Mañá, sábado 1 de agosto, de 12:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 18:00 horas, os oleiros e oleiras sacarán os tornos á rúa para facer demostracións. Ás 19:00 horas, o Ecomuseo Forno do Forte acollerá o concerto de Mascada e DJ Tristón, para o que haberá que retirar entrada previamente.
O domingo 2 de agosto, de de 12:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 18:00 horas, os oleiros e oleiras sacarán os tornos á rúa para facer demostracións. Ás 13:00 horas, o Ecomuseo Forno do Forte volverá acoller o concerto de Isaac Peces e Russinha, para o que tamén haberá que recoller invitación.
O xoves 6 de agosto haberá un pasarrúas de música tradicional con Arrancadeira, ás 19:00 horas. Un día máis tarde, o venres 7 de agosto, ás 19:00 horas, será quenda de Malante, con outro pasarrúas de música tradicional.
O sábado 8 de agosto, de 12:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 18:00 horas, os oleiros e oleiras sacarán os tornos á rúa para facer demostracións. Ás 13:00 horas está previsto que Carxaxía e Malanta ofrezan un recital de música tradicional. Ás 19:00 horas, para remate da xornada, o Forno da Costa será escenario do concerto de Ukestra do Medio e Djalminha. Tamén hai que retirar entrada.
Como colofón, o domingo 9 de agosto celebrarase a ruta de Olaría ‘O ciclo de vida dunha peza’, con Volta Montana, e previa retirada de entrada. De 12:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 18:00 horas, os oleiros e oleiras sacarán os tornos á rúa para facer demostracións. Ás 13:00 horas, o Forno da Costa acollerá o concerto de Monolious DOP, e tamén hai que retirar entrada para o mesmo.