O propósito deste documental é amosar a historia da vida das mulleres do rural, e particularmente do rural muxián.
O Concello de Muxía comezou os preparativos para participar no proxecto audiovisual da Deputación da Coruña con título ‘O rural de todas’. Os obxectivos deste proxecto son a creación dun documental colaborativo sobre a historia de vida das mulleres de Muxía no rural; coñecer o traballo e a vida cotiá das mulleres do rural da provincia a través de historias reais; concienciar e sensibilizar á cidadanía do legado das mulleres rurais ao desenvolvemento da provincia ou sensibilizar á sociedade sobe a igualdade e a loita contra a violencia de xénero.
Trátase dun proxecto interxeracional e colaborativo, e que arrincou hoxe coa sesión informativa o mércores 29 de xullo de 10:30 a 13:30 horas no Salón do Voluntariado.
A concelleira de Igualdade, Olalla Benlloch acudiu á presentación, onde puido departir coa mocidade que participará neste ‘ilusionante proxecto. Desde o Concello agradecémoslle a súa participación e implicación. Estamos convencidos e convencidas de que este documental axudará a crear lazos de unión entre as xeracións vertebradoras do noso municipio’, apuntou a edila.