Friday 22 de November de 2024

Algo máis de 150 persoas participaron na festa do Día do/a Neno/a de Frades, con inchables, tren turístico, xogos e música en vivo


Algo máis de 150 persoas asistiron esta fin de semana a piscina municipal de Frades para asistiren á celebración da décimo segunda edición do Día do/a  Neno/a. Unha celebración marcada este ano polas medidas de prevención fronte á Covid-19 e que motivou unha importante baixada no número de asistentes, moi lonxe da media de 700 persoas dos últimos anos e incluso por debaixo do límite de participación marcado para o evento.
Aínda así, a oferta do Concello de Frades mantívose con respecto a edicións anteriores: inchable acuático, tren turístico e dous dos xogos máis populares: a pesca de patiños e a táboa de surf. Iso si, aumentando a distancia entre os xogos, incrementando as medidas de desinfección e facendo que todas as persoas asistentes levaran a correspondente máscara de protección.
Antes da merenda, crianzas e persoas adultas asistiron ao espectáculo musical “Brinca Vai” do músico Paco Nogueiras. Unha actuación compartida por toda a familia, especialmente polos nenos e nenas que non deixaron de cantar os temas de Nogueira, baseados en temas relacionados coa nosa terra.