Friday 22 de November de 2024

O Concello traballa na revitalización do tramo muxián do Camiño dos Faros e conta con rematar as intervencións a vindeira semana


Unha vez finalizados os mesmos, haberá unha persoa única e exclusivamente adicada ao mantemento de todo este tramo.
O Concello de Muxía traballa na revitalización do tramo muxián do Camiño dos Faros e conta con rematar as intervencións a vindeira semana. Unha vez finalizados os mesmos, haberá unha persoa única e exclusivamente adicada ao mantemento de todo este tramo.
A administración local sigue coa súa aposta baseada na sustentabilidade e no respecto polo medio ambiente en aos meses da tempada estival, onde se estima que o turismo se incrementará notablemente.
O alcalde, Iago Toba, agarda manter xuntanzas nos vindeiros días cos membros e a directiva da Asociación do Camiño dos Faros, para ‘escoitar en todo momento as súas demandas, posto que son elas e eles os que coñecen de primeira man este roteiro’, sinala o rexedor.