Friday 22 de November de 2024

Rey apela ao carácter aberto do galeguismo coruñés no centenario do Día de Galicia


A alcaldesa recordou nun acto conmemorativo no Salón de Plenos que a cidade da reactivación aposta polas TIC, a economía azul, as políticas de coidados e de sustentabilidade, a sensibilidade social, o feminismo, o progreso e a cultura

A alcaldesa, Inés Rey, encabezou esta mañá un actoconmemorativo no Salón de Plenos, en que a corporación, autoridades e distintas personalidades celebraron o centenario do Día de Galicia. A rexedora falou deste fito como unha conquista máis do espírito da cidade, “que hoxe se reivindica como
faro de Galicia, como berce e futuro, como actualidade dun país vizoso ao que lle queda moito por facer”.
Rey sinalou que con motivo desta efeméride, cómpre dicir que a Galicia do 2030 non pode construírse sen contar coa cidade, e viceversa: “Somos vangarda. A Coruña volve presentarse como o que é e o que loce nas palabras que presiden a fachada do noso Pazo Municipal: Cabeza, Garda e Chave, Forza e Antemural do Reino de Galicia”.

A alcaldesa asegurou no seu discurso que o coruñesismo actual é fondamente galeguista, transversal, aberto e reacio ás fronteiras, “como nos ensina o Atlántico” e que A Coruña da reactivación ofrece a Cidade das TIC; a Economía Azul “que debe ter o seu centro nos terreos portuarios”; as políticas de coidados e de sustentabilidade; as industrias textís, a sensibilidade social, o feminismo, o progreso e a cultura como motor.