Será efectiva o día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia.
O Concello de Miño aprobou esta mañá definitivamente en pleno a ordenanza que regula a taxa de aparcamento na zona ORA, e que será efectiva o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. O obxecto da nova ordenanza era dar resposta ás repetidas advertencias do Valedor do Pobo en 2015, para garantir o uso equitativo e moderado do denominado triángulo da praia Grande, establecendo diversas tarifas segundo o tempo consumido. A ordenanza agora derrogada só contemplaba unha tarifa única independentemente do tempo de permanencia no aparcamento. Desestimáronse as alegacións presentadas polo grupo popular.
Así, na zona do triángulo da praia Grande delimitado como ORA, o aparcamento de vehículos de motor cobrarase ata o 15 de setembro, en horario de 9:30 a 21:30 horas de luns a domingo.
No caso dos vehículos a efectos fiscais (IVTM) que aos seus efectos tributen no Concello de Miño, os seus
titulares poderán obter a tarxeta de aparcamento por un prezo de 12 euros para cada tempada estival.
O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, incidiu en que “é inviable garantir que todos os vehículos con IVTM
en Miño (4.590) teñan praza de aparcamento nun espazo cun aforo de 480 prazas. Con esta
modificación corriximos o baleiro legal existente na ordenanza aprobada polo goberno local anterior’,
confirmou. Ademais lamentou o atraso provocado polo estado de alarma e, a última hora, tamén polas
alegacións da oposición que se demostraron infundadas e que dilataron unha semana máis a súa
entrada en vigor.
O obxecto da nova ordenanza era dar resposta ás repetidas advertencias do Valedor do Pobo en 2015,
para garantir o uso equitativo e moderado do denominado triángulo da praia Grande,
establecendo diversas tarifas segundo o tempo consumido. A ordenanza agora derrogada só contemplaba unha tarifa única independentemente do tempo de permanencia no aparcamento.