Hoxe comezan a crearse as webs para venda por Internet das empresas de Camariñas, na plataforma DBARRIO
As empresas que queiran vender os seus produtos ou servizos por Internet poden anotarse no formulario https://forms.gle/bNEtc3cGQqmkwzHP9.
O Concello de Camariñas publicará proximamente unha subvención, cofinanciada polas arcas municipais e a Deputación da Coruña, que poderá usarse tamén para cubrir os custos, que van desde 50 euros máis IVE.
DBARRIO creará unha web con TPV virtual de pago, dará asesoramento personalizado, xestionará o reparto e promocionará ás empresas nas redes sociais.
Ademais, os locais de hostalaría terán un código QR para descargar no móbil a carta do establecemento.