A ciencia vén de cobrar protagonismo nestes días no Lousame Concilia, un programa do Concello de Lousame para a conciliación da vida familiar e laboral no que participan unha vintena de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. As instalacións do CPI Cernadas de Castro acolleron nas últimas xornadas unha serie de xogos de maxia, manualidades e experimentos científicos sinxelos e divertidos para a rapazada, como o dos “flocos de millo saltaríns”.
Este sinxelo experimento xoga con auga, arroz, vinagre e flocos de millo que, unha vez mesturado todo, rematan subindo e baixando do fondo do recipiente para retirar todo o osíxeno presente na auga. A maiores, continúanse cos xogos de auga, xogos populares e sesións de cinema.
Lousame Concilia Verán está organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Lousame, que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.