Está previsto que se desenvolva no Encoro da Fervenza ás 23:30 horas da noite do 24 ao 25 de xullo.
O Concello de Vimianzo convida á veciñanza a participar nunha visita guiada á paisaxe astronómica do municipio na noite do 24 ao 25 de xullo. Será no Encoro da Fervenza a partir das 23:30 horas e hai dispoñibles 20 prazas, que se completarán previa reserva obrigatoria no enderezo electrónico turismo@vimianzo.gal ou no WhatsApp 604 036 617.
O roteiro será guiado pola agrupación astronómica coruñesa Ío e terá unha duración de dúas horas. Poderanse coñecer todos os segredos das estrelas, da lúa e das constelacións.