Saturday 16 de November de 2024

Miño contrata auxiliares de policía


O Concello de Miño conta desde hoxe con dous auxiliares de Policía Local, que reforzarán o persoal deste servizo nos meses de verán. Ambos asinaron hoxe os seus contratos, e o alcalde do municipio, Manuel Vázquez Faraldo, valorou como ‘tremendamente positiva a súa incorporación para dar maior cobertura á seguridade e garantir en maior grao o benestar tanto de veciñas e veciños como das persoas que visiten o noso municipio no verán’, engadiu.