Esta semana enviouse unha nova partida a 12 centros de 3.223 máscaras e 3.800 luvas
A Xunta de Galicia vén de facer un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino a oito residencias e entidades sociais da área de Bergantiños-Costa da Morte, concretamente a 12 centros. Nesta comarca a partida inclúe 3.223 máscaras e 3.800 luvas.
Entre as partidas enviadas esta semana incluíronse tamén botes de xel hidroalcohólico e garrafas de desinfectante. No reparto de material tivéronse en conta as peticións que os propios centros e entidades trasladaron á Xunta tendo en conta as súas necesidades actuais.
Ata o de agora, o Goberno galego leva realizado 16 envíos de material aos centros sociais da comarca con material de protección en total enviáronse estes meses 48.250 luvas e 49.731 máscaras, entre outro material.
Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que o Goberno galego puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.