Hoxe, 16 de xullo, celébrase en moitas partes da xeografía galega o Día do Carmen. Con motivo do contexto sociosanitario, non foi posible que a Confraría organizase a tradicional procesión e a misa en honra á súa patroa, pero desde o Concello quixo conmemorarse esta xornada cun desfile a cargo da Banda de Gaitas Terra de Trasancos – Real Coro Toxos e Froles.