Vimianzo celebrou hoxe, xoves 16 de xullo, a súa feira con total normalidade na nova ubicación provisional, na contorna da Casa da Cultura. Instaláronse máis dun centenar de postos de produtos de téxtil, alimentario, enxoval e floristaría.
Durante a mañá rexistrouse unha boa afluencia de público, boa parte destes veciñas e veciños de Vimianzo, que se amosaron satisfeitos pola nova ubicación. A rapazada participante no Concilia Vimiverán aproveitou a ocasión para divertirse co espectáculo de A Organeta.
Desde o Concello insístese na temporalidade desta nova ubicación, e que está condicionada ‘única a exclusivamente por motivos de seguridade debido ao contexto socio sanitario actual’, comenta a alcaldesa, Mónica Rodríguez.