Saturday 16 de November de 2024

O Concello acorda coa empresa das bolsas USA o reembolso das cantidades abonadas polas familias


Os 60 mozos e mozas afectados por esta cancelación derivada da crise sanitaria foron informados onte pola vía telemática de que se procederá á devolución das cantidades abonadas

O Concello acorda coa empresa CLS idiomas o rembolso pago das bolsas USA, que tiveron que cancelarse por mor da crise da Covid-19. As 60 familias dos rapaces e rapazas que ían desfrutar deste programa educativo internacional foron informadas na tarde de onte de que se lles devolverán as cantidades abonadas.

O concello cancelou as becas USA o pasado 5 de xuño pola incerteza xerada polo desenvolvemento da pandemia e ao non lles poder garantir ás familias e beneficiarias/os que se poidan cumprir as medidas de seguridade e de hixiene. Ante esta situación, o Goberno local decidiu non seguir adiante coas convocatorias por non poder asegurar que se leven a cabo os programas nos mesmos termos doutros anos. Así que deixou sen efecto a resolución en que se aprobaron as bases reguladoras das Bolsas USA, dirixidas a estudantes de 4.o da ESO, en que se lles ofrecía a opción de adquiriren un dominio avanzado da lingua inglesa coa realización dun curso equivalente a 1.o de Bacharelato nos Estados Unidos.
A alcaldesa, Inés Rey, comprometeuse “a estudar unha solución para estes alumnos bolseiros de cara ao seguinte curso académico, sempre que sexa legalmente posible”.