Organizaranse dúas actividades; a primeira, un taller de indentificación os días 16 e 17 de xullo e a segunda, unha actividade formativa e lúdica o 19 de xullo
A Reserva de Biosfera MceTM organiza as II xornadas sobre ornitoloxía que terán lugar os días 16,17,18 de xullo.
A primeira actividade será un taller online de identificación centrado nas aves máis comúns das Reserva, curiosidades e os mellores lugares onde poder observalas.
Esta primeira actividade realizarase o 16 e 17 de xullo na sala de conferencias do Grupo Naturalista Hábitat en horario de 20:00 a 22:00.
Este primeiro taller será gratuíto e aberto a todas as idades e niveis de coñecemento.
O peche das incripciones da introdución á ornitoloxía realizarase o mércores 15 de xullo ás 23:00 horas.
O domingo, 19 de xullo, pecharase a actividade co VII maratón ornitolóxico. Unha actividade formativa e lúdica que consiste en identificar por equipos o maior número posible de especies de aves silvestres nun tempo determinado.
A maratón do domingo terá un horario de observación de 00:00 a 17:00 e realizarase nos concellos do territorio LEADER Mariñas-Betanzos. A entrega de listaje de especies realizarase vía telemática e con horario límite ata as 19:00.
Esta actividade formativa será por equipos, gratuíta e aberta a todas as idades. O peche das inscricións do VII maratón ornitolóxica realizarase o venres 17 ás 23:00 horas.