O alcalde, Iago Toba, salientou que ‘estas actividades están artelladas baixo tres eixos fundamentais: o medio ambiente, a igualdade e o deporte’
O Concello de Muxía comezou onte a celebración dos campamentos de verán baixo estritas medidas sanitarias contra a COVID-19. O alcalde, Iago Toba, e a concelleira de Xuventude e Igualdade, Olalla Benlloch, acudiron ata o paseo para darlles a benvida a todas as rapazas e rapaces que participarán nos mesmos.
Esta edición ‘será singular, xa que se extremarán as precaucións para evitar contaxios. A rapazada estará acompañada en todo momento por persoal especializado e será dividida por grupos pequenos’, comentou o alcalde, Iago Toba.
Haberá 9 nenas e nenos por quenda, repartidos por grupos en función das súas idades.
O período de inscrición estará aberto ata o 9 de xullo, aínda que si fose necesario, este abano ampliarase. Estará articulado baixo tres eixes fundamentais: o deporte, a igualdade e o medio ambiente. Así, os nenos e nenas poderán gozar de actividades como punto de cruz, obradoiros de cociña e de chapas, conta contos ou creación de pancartas, entre outras. A primeira quenda de celebración destes campamentos irá desde o 13 de xullo ao 24 do mesmo mes e a segundo do 27 de xullo ata o 7 de agosto.
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Olalla Benlloch, sinalou que ‘é ilusionante ver que a rapazada terá un espazo para poder divertirse e relacionarse baixo condicións seguras. Da moita confianza como están plantexados estes campamentos, e agardamos que a rapazada poida pasalo do mellor xeito posible’, aportou a edil.
Pola súa banda, o alcalde, Iago Toba, sinalou que ‘decidimos artellar estes campamentos con tres piares fundamentais, ou así o deben ser, na nosa sociedade: a igualdade, o deporte e o coidado do medio ambiente. Cremos nunha educación igualitaria e de calidade, sendo estes campamentos unha boa proba diso’, comentou.