Friday 22 de November de 2024

A Xunta apoia mediante o Programa Galicia Emprende 5 iniciativas empresariais que mobilizarán 1M€ na comarca de Ferrolterra


A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede axudas por máis de 287.000 euros para apoiar proxectos de creación de novas empresas ou de consolidación de compañías nos primeiros 42 meses de funcionamento
A Xunta concedeu ao abeiro da última edición do Galicia Emprende, da que se vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da segunda convocatoria, axudas por máis de 287.000 euros para apoiar 5 proxectos empresariais de emprendedores e autónomos na comarca de Ferrolterra, concretamente en Cedeira, Cariño, Ferrol, Fene e Valdoviño, que prevén desenvolver investimentos de 1 millón de euros.
As iniciativas apoiadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, abranguen actividades do sector da restauración e da automoción entre outros.

Esta liña de axudas está deseñada para impulsar a posta en marcha de proxectos de nova creación e para a consolidación, durante os seus primeiros 42 meses de funcionamento, de iniciativas empresariais de emprendedores ou autónomos