A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede axudas por máis de 330.000 euros para apoiar proxectos de creación de novas empresas ou de consolidación de compañías nos primeiros 42 meses de funcionamento
A Xunta concedeu ao abeiro da última edición do Galicia Emprende, da que se vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da segunda convocatoria, axudas por máis de 330.000 euros para apoiar 5 proxectos empresariais de emprendedores e autónomos na comarca de Bergantiños-Costa da Morte, concretamente en Vimianzo e Cee, que prevén desenvolver investimentos de 1,5 millóns de euros.
As iniciativas apoiadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, abranguen actividades do sector turístico e comercial. O investimento medio por proxecto é de 130.000 euros, correspondéndose sobre o 40% das iniciativas ás impulsadas por autónomos e as restantes por sociedades mercantís.
Esta liña de axudas está deseñada para impulsar a posta en marcha de proxectos de nova creación e para a consolidación, durante os seus primeiros 42 meses de funcionamento, de iniciativas empresariais de emprendedores ou autónomos