Debido á situación extraordinaria de crise sanitaria que estamos a vivir provocado polo virus da COVID-19 e co obxectivo de garantir a saúde e integridade física da poboación, recórdase que:
Está prohibido o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública e en espazos públicos durante a celebración das Festas do Carme de Camariñas.
Ademais, lémbrase aos establecementos públicos, especialmente aos adicados a actividades de restauración e ocio, a obriga que teñen de cumprir estritamente os horarios de apertura e peche fixados de acordo coa autorización da que dispoñan.