Saturday 16 de November de 2024

Miño acollerá esta fin de semana a I Regata Provincial A Coruña 2020, a sétima que se celebra en augas do municipio


A cita terá como lugar de saída o porto de Miño, ás 11:30 horas.

O Concello de Miño acollerá esta fin de semana a I Regata Provincial A Coruña 2020, a sétima que se celebra en augas do municipio. A cita terá como lugar de saída o porto de Miño, ás 11:30 horas.
Será obrigatorio o uso de máscara en toda a contorna no que se disputará a proba deportiva.
As categorías participantes abarcarán desde prebenjamín a cadete en distancia 1.500 e 3.000 metros.
Jose Manuel Pantín, concelleiro de deportes do Concello de Miño destacou que & quot;estamos moi contentos de que Miño acolla unha proba deportiva desta categoría na que extremaremos os protocolos hixiénico- sanitarios para reducir o risco de contaxio. É para nós unha prioridade& quot;, sinalou o edil.
Por outra banda, a presidenta do Club Naútico de Miño, Teresa Oujo, destaca & quot;a implicación a todos os niveis do club para que esta proba leve a cabo coa máxima normalidade posible. Desde aquí, quero agradecer ao Concello e a todos os estamentos do club naútico (pais, nais e deportistas) na súa implicación para poder gozar esta fin de semana desta gran cita”.