A Concellaría de Deportes de Carral prepara para o sábado 17 de xaneiro a 15ª edición da viaxe á pista de xeo, este ano enMarineda City
Con esta viaxe o Concello de Carralquere fomentar a práctica deportiva na poboación máis nova, vinculándoa como sempre ao terreo do ocio e da saúde. Tamén potenciamos a patinaxe artística, unha das disciplinas deportivas que máis está a despuntar nos últimos anos no municipio.
O departamento de deportes dispoñerá 50 prazas para todos aqueles maiores de 4 anos que lles guste a patinaxe. O prezo da viaxe é de 8 €, que inclúen o transporte con monitores (tamén dentro da pista de xeo) a entrada á pista de xeo e o aluguer dos patíns.
A excursión comezará o sábado 17 de xaneiro arredor das 10.20 h, momento no que a expedición partirá cara ao complexo comercial. Sobre as 11.00 comezará a xornada de patinaxe na que algúns dos máis expertos patinadores poderán lucirse facendo verdadeiras acrobacias sobre os patíns.
Para todos aqueles interesados en acudir a esta viaxe ou desexen obter máis información, poden dirixirse ao departamento municipal de Deportes na Casa da Cultura, ou no tlfo. 981672580 ou ao correo electrónico deportes@concellocarral.com.