O Concello de Brión convoca un curso de horta ecolóxica e cultivo de froita, que terá lugar todos os luns a partir do 3 de agosto en horario de 18:00 a 22:00 horas.
Un curso que se impartira na aula de formación de Monte Balado e que se estenderá ata finais do mes de outubro.
O prezo do curso é de 50 euros e para participar é necesario anotarse no teléfono 981 50 99 08 ou a través do mail www.concellodebrion.gal . As sesións teóricas terán lugar na aula de formación do espazo de traballo colaborativo “Transformando en Brión”, posto en marcha o pasado mes de decembro polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña e o GDR Terras de Compostela. As sesións prácticas terán lugar nunha finca municipal na aldea de Saíme.
O curso inclúe sete sesións formativas: abonado e preparación da terra; deseño e planificación da horta; plantas para coidar na horta; plantación en terra e en bancais; pragas, enfermidades e remedios; rego e instalación; e coidados da horta ao longo das estacións. Será impartido pola UNED Senior a través dun convenio de colaboración asinado co Concello de Brión.