O alcalde, Iago Toba, salientou que ‘existe certo retraso pola paralización de todo este proceso con motivo da COVID-19, pero o noso plantexamento é aumentar o número de traballadores para equilibrar os tempos de execución’, salientou o rexedor.
O Concello de Muxía reforza o plantel de operarios para acelerar as tarefas de limpeza e mellora en todo o termo municipal, que se levan executando desde a semana pasada e así seguirá nas vindeiras.
O alcalde, Iago Toba, quixo sinalar que ‘existe certo retraso pola paralización de todo este proceso con motivo da COVID-19, pero o noso plantexamento é aumentar o número de traballadores para equilibrar os tempos de execución’, salientou o rexedor.
Neste sentido, está previsto que os traballos alcancen todos os núcleos do concello, facendo especial énfase na contratación de 8 operarios destinados a limpezas. Os operarios contarán con medios propios que pon á súa disposición a administración muxiá, entre as que destacan as dúas hidrolimpadoras, así como ferramentas e equipos axeitados.
Combinaranse estas execucións con desinfeccións periódicas ‘porque é tremendamente importante non baixar a garda no tema sanitario’, apuntaba o alcalde, Iago Toba. Destacar ademais que este martes, 14 de xullo, comezarán os traballos de limpeza nas praias de Muxía, nos que se disporá de ata doce operarios para a execución dos mesmos.