Friday 22 de November de 2024

A Coruña contará desde este luns con dúas novas zonas para estacionar autocaravanas


No aparcadoiro do Aquarium Finisterrae convertiranse 13 prazas exclusivas de autobuses en aparcadoiros para autocaravanas para utilizar na época estival, e no do Paseo Marítimo-Ascensor do Monte San Pedro habilitaranse 11 prazas de forma permanente

Desde este luns, 13 de xullo, A Coruña contará con dúas novas zonas para aparcar autocaravanas. A Área de Mobilidade do Concello da Coruña anuncia que no aparcadoiro do Aquarium Finisterrae convertiranse 13 prazas de estacionamento exclusivo de autobuses en aparcadoiros para autocaravanas no período comprendindo entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.
Pola súa banda, o aparcadoiro do Paseo Marítimo- Ascensor do Monte San Pedro contará con 11 prazas de estacionamento para este tipo de vehículo de forma permanente.
Tamén crearanse 7 prazas para autocaravanas no aparcadoiro da Torre de Hércules, en que actualmente está permitido estacionar en horario diurno de 8 a 22 h, pero estaría prohibido o estacionamento nocturno. A sinalización da Área de Servizo de Autocaravanas localizada no Portiño reforzarase e marcarase a delimitación das prazas.
Desde a Área de Mobilidade sinalan que se van colocar paneles orientativos para guiar as persoas condutoras da autocaravanas a estas zonas e que a sinalización existente modificouse para así acondicionala á situación actual do peche ao tráfico do Paseo Marítimo no tramo do Portiño.