Friday 22 de November de 2024

A primeira quenda dos guías informativos nas praias municipais remata mañá


Desde a Concellería sinalan que, tengo en conta que agosto é un mes de gran afluencia na cidade e por conseguinte nas praias, está prevista unha segunda quenda de guías informativos para os primeiros días deste mes estival
A causa das medidas establecidas na loita contra a Covid-19, o Concello da Coruña a través da Concellería de Medio Ambiente instalou un novedoso sistema de control de aforo de praias coa finalidade de contribuir, entre outas cousas, á necesaria distancia interpersoal nos areais como medio para evitar a propagación do virus.
Precisamente pola novidade deste sistema, e para facilitar a familiarización con este, ademais da web www.controlpraias.coruna.gal, dispúxose desde o 26 de xuño un servizo de guías informativos en cada unha das entradas habilitadas nas praias municipais, en horario partido de mañá e de tarde. Este grupo de profesionais recibiron a formación necesaria para respostar a todas as dúbidas das persoas usuarias dos nosos areais tanto nas medidas de seguridade e salubridade coma sobre o funcionamento do sistema de control. Cabe destacar que a súa función non foi en ningún momento a de exercer de gardas de seguridade impedindo a entrada ás praias cando a capacidade destas sobrepasaba o límite, posto que esta función queda reservada á Policía Local.
Mañá, 12 de xullo, remátase esta primeira quenda “convencidos de que os coruñeses e coruñesas xa coñecen o funcionamento do sistema de control de aforos e que respectarán ao máximo as zonas de entrada e de saída de cada unha das praias, así como as indicacións dos semáforos instalados, evitando deste xeito a intervención da Policía Municipal”, asegura a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán.

Desde a Concellería sinalan que, tengo en conta que agosto é un mes de gran afluencia na cidade e por conseguinte nas praias, está prevista unha segunda quenda de guías informativos para os primeiros días deste mes estival.