Os veciños e veciñas de Touro poideron desfrutar onte dunha sesión de autocine. Os coches empezaron a chegar antes da hora de inicio da sesión no aparcamento da Sala de Festa Dona Dana, onde se proxectaba a pelícupa ‘Ralph rompe internet’, para público infantil. Ás 22.30, puntual e xa cando comenzaba a anoitecer, comenzou a proxección para un bo número de coches que se foron acomodando frente a unha gran pantalla habilitada para a proxección. Soplaba onte a noite en Fonte Díaz un vento que non impediu que se poidera desfrutar do autocine. Así, as familias de Touro dende cada un dos vehículos particulares cumpliron cos parámetros de seguridade a causa da Covid-19. Para hoxe, sábado 11 de xullo, está programada ‘A esmorga’. O lugar da proxección: o aparcamento da Sala de Festa Dona Dana. A proxección comenza ás 22.30 horas, cando xa anoitece, condición indispensable para desfrutar dunha sesión de cine dende o coche. Cada familia que asista á sesión pode levar a súa propia merenda ou mercar palomitas e bebida no autocine.