Friday 22 de November de 2024

Reunión na Deputación da Coruña


A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e os concelleiros Sergio Caamaño, Encarna Liñeiro e Begoña Tajes, reuníronse onte, venres 10 de xullo, co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, para tratar distintos temas de interese para o municipio.

González Formoso detallou as características das axudas a autónomos que está a piques de sacar o organismo provincial e ás que se acollerá o Concello de Camariñas e que suporán 80.000 euros para repartir entre os autónomos do municipio.

Sobre a construción do Centro de Día, que será cofinanciado coa Deputación, a alcaldesa informou de que actualmente o Concello está a traballar para conseguir os terreos necesarios para levar a cabo a obra, moi necesaria para os veciños e veciñas de Camariñas.

Ademais, Valentín González Formoso ofreceu a axuda dos servizos técnicos da Deputación para elaborar o pliego de contratación necesario para a xestión do complexo de Aldea Madeira por parte do Concello de Camariñas.