En vindeiras datas vaise celebrar no Auditorio Municipal unha nova edición da Gala do Deporte de Riveira: un evento destinado a distinguir e premiar a aqueles deportistas, clubs, dirixentes, institucións… que destacaron nalgunha faceta relacionada coa actividade do deporte.
Calquera persoa ou entidade poderá propoñer candidatos a estes premios ata o 28 de xaneiro, mediante presentación de instancia no rexistro local do Concello ou por correo electrónico á dirección deportes@riveira.com.
As bases deste evento son as seguintes:
1. Valoraranse os resultados e méritos deportivos obtidos durante o período comprendido entre ó 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2014.
2. Os premios e recoñecementos que se outorguen axustaranse os seguintes apartados:
a) Mellor Deportista Masculino
b) Mellor Deportista Feminina
c) Mellor deportista masculino de deportes de equipo
d) Mellor deportista feminina de deportes de equipo.
e) Mellor deportista masculino de disciplinas non olímpicas
f) Mellor deportista feminino de disciplinas non olímpicas
g) Mellor Deportista Masculino Discapacitado
h) Mellor Deportista Feminina Discapacitada
i) Mellor Deportista Masculino sub – 18,( nados no ano 1996 e posteriores)
j) Mellor Deportista Feminina sub – 18, (nados no ano 1996 e posteriores)
k) Equipo de competición destacado
l) A laboura técnica
m) A laboura arbitral
n) Mellor Evento Deportivo
o) Promoción do Deporte Escolar,Base e Deporte para todos
p) Mellor Club
q) Patrocinio Deportivo
r) Mellor Laboura Informativa
s) Mencións Especiais
3. Para poder optar os premios dos apartados A, B, C, D, E F, G, H , I e J deberá ser un deportista nado en Riveira, ou con residencia legal no Concello con data anterior a 1 de xaneiro de 2012.
4. O xurado estará composto polo Concelleiro Delegado de Deportes, e un mínimo de catro vocais máis elixidos por este, entre deportistas, técnicos e demais persoas vinculadas o deporte local.
5. Os clubs, calquera cidadán, institución ou asociación, poderán así mesmo propoñer a unha ou varias persoas para que sexa recoñecida a súa labor, sexa pola súa traxectoria deportiva, directiva, ou polo seu apoio ó deporte en xeral desde casqueira ámbito de actuación.
6. Calquera persoa ou entidade poderá propoñer candidatos a estes premios ata o 28 de decembro de 2014, , mediante presentación de instancia no rexistro xeral do Concello dirixida ó Sr. Alcalde do Concello de Riveira, ou por correo electrónico á dirección deportes@riveira.com .
7. A relación de nominados farase pública o día 10 de febreiro de 2015
8. A Gala do Deporte 2015 celebrarase no Auditorio Municipal de Riveira en data a determinar.