Saturday 16 de November de 2024

A Xunta realiza un novo envio de 8.850 unidades de material de protección ás Residencias e Entidades Sociais e 22.374 Epis para os campamentos infantís da comarca do Barbanza


O Goberno galego enviou 22.174 máscaras e 200 luvas para os campamentos da Consellería de Política social que comezan a semana que vén
A Xunta de Galicia vén de facer un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino ás residencias e entidades sociais da área do Barbanza, concretamente a nove centros. Nesta comarca a partida inclúe 3.350 máscaras e 5.200 luvas.
Ata o de agora, o Goberno galego leva realizado quince envíos de material aos centros sociais da comarca con material de protección.
Ademais, a Xunta de Galicia enviou outros 22.374 Epis aos campamentos de Espiñeiro en Boiro e de Virxe de Loreto en Porto do Son para á protección dos monitores e dos participantes nos campamentos infantís que organiza a Consellería de Política Social que comezarán a semana que ven.
Entre as partidas enviadas esta semana incluíronse tamén botes de xel hidroalcohólico e garrafas de desinfectante. No reparto de material tivéronse en conta as peticións que os propios centros e entidades trasladaron á Xunta tendo en conta as súas necesidades actuais.
Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que o Goberno galego puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.