Tivo lugar ás 12:00 horas e nela estiveron o alcalde, Iago Toba; a concelleira de Xuventude, Olalla Benlloch e a técnica do departamento de Cultura, Victoria Rivadulla.
O Salón do Voluntariado do Concello de Muxía acolleu esta mañá unha xornada informativa sobre o proceso para solicitar as bolsas de material escolar. Tivo lugar ás 12:00 horas e nela estiveron o alcalde, Iago Toba; a concelleira de Xuventude, Olalla Benlloch e a técnica do departamento de Cultura, Victoria Rivadulla.
A este evento, ao que acudiron unha vintena de veciñas e veciños de Muxía, serviu para, en primeiro lugar, resolver as dúbidas que as persoas solicitantes poidan ter sobre o proceso. En segundo lugar, como coloquio para achegar inquedanzas e comentar a metodoloxía que envolve a este proceso.
O prazo para solicitar estas axudas remata o 20 de xullo, e poderán acollerse as familias que teñan nenas e nenos empadroadas no municipio e tanto en educación secundaria obligatoria como en bacharelato. Será necesario ter sinatura electrónica ou certificado dixital para poder facer a solicitude en sede electrónica.
A administración muxiá pon a disposición da veciñanza o teléfono 981 74 20 01 en horario de 9:00 a 14:00 hora e o enderezo electrónico intervencion@muxia.es para dúbidas e comunicacións dos problemas que poidan xurdir. O alcalde, Iago Toba, comenta que ‘coa solicitude destas axudas poderemos reactivar a economía local.
Destinamos unha partida exclusivamente para este menester e serán concedidas’, sinalou o rexedor.