A XI Primavera en Ruta, organizada por Senda Nova en colaboración co Concello, fai escala o vindeiro domingo, 12 de xullo, no Concello de Malpica.
A concelleira de Medio Ambiente, María Manuela Álvarez Rey, e Eva, de Senda Nova, presentaron onte este roteiro, que pasará polos seguintes puntos:
Igrexa de Cambre.
San Miro.
Praia dos Riás.
Xacemento arqueolóxico Croa do Castro.
Muíños Ardeleiro.
Ruta dos Pinos.