Thursday 21 de November de 2024

O Concello de Ordes felicita ás atletas do Club Atlético A Silva pola súa actuación no campionato de combinadas


De Lugo regresaron con dúas medallas de ouro e unha de prata, acadando a terceira posición absoluta por clubes na categoría feminina

O Concello de Ordes quere facer pública a súa felicitación ao Club Atlética a Silva, e moi especialmente ás corredoras ordenses, polos resultados acadados a pasada fin de semana no campionato galego de probas combinadas en pista cuberta. Unha competición celebrada en Lugo e da que regresaron con dúas medallas de ouro e unha de prata. Galardóns que ao equipo adestrado por José Domínguez lle valeu a terceira posición absoluta por clubes na categoría feminina.
As atletas distinguidas foron Mencía Pena Castiñeira, de 15 anos, que quedou segunda nas probas dos suvenís, ademais de Lucía Doval e Ánxeles Rodríguez, de 40 e 57 anos respectivamente e en ambos casos con medalla de ouro. Ademais de Mencía Pena tamén puntuaron as cadetes Alba Iglesias e Sara Míguez, quedando cuarta e sexta a nivel autonómico respectivamente. Tamén nesta categoría Nuría García e Lucía Souto finalizaron novena e decimocuarta respectivamente.