A alcaldesa asegurou que este inmoble é “un activo patrimonial de carácter público” e que a súa recuperación “leva a canle oportuna”
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apelou esta mañá ao anuncio de venda da Casa Cornide por parte da familia Franco como “unha actitude máis de desprezo á legalidade e ao público”. Rey asegurou que a Casa Cornide é “un activo patrimonial de carácter público” e que o Concello da Coruña así o reivindicará xa que “traballa na recuperación da Casa Cornide para o patrimonio das coruñesas e coruñeses”.
A rexedora lembrou que o Pleno da Corporación acordou o impulso da declaración BIC deste inmoble, na que xa se está a traballar, e posteriormente aprobou a recuperación da Casa Cornide para o patrimonio da Coruña. Rey sinalou que os traballos para recuperar esta propiedade foron retomados
inmediatamente despois das dilacións ocasionadas pola pandemia da COVID-19, e que “leva a canle oportuna”.