A xuntanza tivo lugar no salón de Plenos, á que acudiron o alcalde, Iago Toba; a concelleira de Igualdade, Olalla Benlloch, a ADL do Concello, Anabel Piñeiro e unha representación dos comerciantes e hostaleiros de Muxía.
O Concello de Muxía e o tecido empresarial do municipio reuníronse para detallar o contido da plataforma ‘Muxía na rede’, impulsada pola administración local e na que todas as empresas e autónomos de Muxía poden obter gratuítamente un espazo para anunciar os seus servizos e incluír información detallada dos seus negocios.
A xuntanza tivo lugar no Salón de Plenos, á que acudiron o alcalde, Iago Toba; a concelleira de Igualdade, Olalla Benlloch; a ADL do Concello, Anabel Piñeiro e unha representación de comerciantes e hostaleiros de Muxía.
‘Obtivemos unha gran resposta por parte do empresariado local’, afirmou o alcalde, Iago Toba, quen comenta que ‘era unha posibilidade que nos plantexamos cando se produxo a crise sanitarie e cremos que é unha boa forma para reactivar a economía local’.
Este directorio, ademais, serviralle de base de datos á administración muxiá para futuras campañas de promoción económica, algo que ‘resultará moi práctico para ter un rexistro telemático dos comercios e empresas adheridos á mesma’, comenta a axente de desenvolvemento local do Concello, Anabel Piñeiro.
Polo momento hai inscritas un total de 49 comercios e empresas, ‘aínda que agardamos que a demanda aumente, xa que aínda acabamos de facer pública esta plataforma’, comenta o alcalde, Iago Toba.