Friday 22 de November de 2024

O Concello de Boqueixón pon en marcha unha nova edición das súas Noites de Cine


Darán comezo este sábado e estenderanse durante todo o mes de agosto

O programa Noites de Cine de Boqueixón inicia esta semana unha nova edición. Serán un total de catro os filmes que se visionarán noutras tantas parroquias do municipio co fin de chegar ao maior número de veciñas e veciños posible.
As sesións, que se desenvolven co apoio da Deputación da Coruña, darán comezo este sábado 11 de xullo na Carballeira de Rodiño. Proxectarase a comedia de aventuras Os Futbolísimos a partires das 22.30 horas.
A seguinte Noite de Cine terá lugar o vindeiro sábado 8 de agosto (á mesma hora) no Campo do Río de Ponte Ledesma. Neste caso, visionarase a comedia SuperLópez.
Continuará o programa o venres 14 de agosto coa proxección do filme infantil A galiña Turuleca no Campo da Feira de Lestedo. Finalizará o ciclo Noites de Cine o sábado 15 de agosto no Campo da Festa de Oural co visionado de Copito de Neve.
Dende o Concello tomaranse todas as medidas precisas de prevención contra a COVID-19. Entre elas, asegurarase o distanciamento entre cadeiras e deberase acceder ao recinto con máscaras.