Friday 22 de November de 2024

Cambre acolle unha reunión de traballo para potenciar o Camiño Inglés


Durante a reunión acordouse entre os diferentes responsables solicitar unha reunión coa Diputación para coñecer os mecanismos legais para a creación dun ente ou asociación na que estarán representados todos os concellos polos que pasa o Camiño Inglés

Cambre acolleu esta mesma mañá unha reunión de traballo sobre o Camiño Inglés á que estaban convocados os 18 concellos polos que pasa esta vía de peregrinación. Á cita acudiron os representantes de Cambre, Abegondo, Carral, Betanzos, Cabana, Ferrol, Fene, A Coruña, Miño, Ordes, Oroso e Santiago. Desde fai anos o chamado Consorcio do Camiño Inglés reuníase cada certo tirempo para debater propostas e actuacións para poñer en valor á vía de pregrinación inglesa cara a Santiago. Con todo, agora débese dar forma xurídica a unha nova asociación ou ente conformada polos 18 concellos que cumpra cos obxectivos do antigo Consorcio do Camiño. A presidencia deste ente recaeu no último bienio en Cambre e a partir de agora será Carral quen ostente a presidencia.
Durante a reunión acordouse entre os diferentes responsables solicitar unha reunión coa Diputación para coñecer os mecanismos legais para a creación dun ente ou asociación na que estarán representados todos os concellos polos que pasa o Camiño Inglés e que terá como obxectivo a difusión e potenciación desta vía cultural e da súa contorna. Así mesmo, descartouse a posibilidade de formar un novo consorcio ou mancomunidad e se aposta por unha asociación dos 18 concellos para poder seguir desenvolvendo un traballo de potenciación do Camiño Inglés.