Con estas intervencións solucionaranse os reiterados episodios de roturas e deterioración do firme.
O Concello de Miño levará a cabo este luns, 6 de xullo, as tarefas no sistema de canalización das
rúas Condomiñas,e Rúa, dando solución así aos reiterados episodios de roturas e deterioración do firme.
No caso da rúa A Rúa, a obra é necesaria tamén polo atasco provocado por un tapón de graxa,
o cal tivo que ser eliminado a man e tamén cunha máquina.
Desde o Concello piden ás veciñas e veciños que ‘eviten botar restos de aceite usado polos desaugadoiros,
xa que non só son altamente prexudiciais para o medio ambiente, senón que tamén provocan avarías e
obstrución nos sistemas de saneamento da EDAR.