Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Miño estrea megafonía en tres idiomas para os tres areais máis concorridos do municipio


O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, presidiu esta tarde o acto de izado da bandeira azul na praia de Perbes.
O Concello de Miño estreou hoxe un novo e completo sistema de megafonía informativa para os tres areais máis concorridos do municipio. Concretamente, a praia Grande, a de Perbes e a da Ribeira contarán cunha locución gravada nun estudo profesional en galego, castelán e inglés para informar as persoas usuarias de situacións de índole diaria.
Ademais, farase especial énfase durante todo o verán das medidas de seguridade relacionadas coa COVID-19 cunha cuña que as lembrará aos bañistas cada pouco tempo. O Concello de Miño xa impulsou nas pasadas semanas o pintado dunha nova zona de aparcamento para regular o fluxo de viandantes.
A megafonía aludirá a que ‘a distancia mínima entre antucas ha de ser polo menos de catro metros’ ou que ‘a práctica de actividades deportivas e de lecer está permitida de maneira individual e gardando a distancia de seguridade de dous metros’.
Por precaución, as duchas e fontes permanecerán fóra de uso durante todo o verán, e faise unha chamada á ‘responsabilidade’ durante toda a época estival. Estas gravacións tamén darán a benvida aos usuarios e usuarias diariamente, e unha vez se abra o servizo por parte dos
socorristas.

Izado da bandeira azul en Perbes
Esta tarde, o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, presidiu o acto de izado da bandeira azul da praia de Perbes, ao que acudiron tamén o resto de edís
Durante o acto, o rexedor destacou ‘a importancia que ten para nós que este areal conte cun distintivo como o é o da bandeira azul. En Miño temos unhas praias cunha calidade excepcional e loitaremos porque Perbes non sexa a única en contar con este selo de calidade’, incidiu.