Friday 22 de November de 2024

O concello renovará a cuberta do pavillón polideportivo municipal de Artes


Adxudicou a actuación cun investimento superior aos 60.000 euros

O Concello de Riveira activou unha nova actuación dirixida á renovación da cuberta do pavillón polideportivo de Artes.

A empresa Digar de Artes, S.L., resultou a entidade adxudicataria desta actuación, cuxo importe ascende a un total de 61.927,35 euros. O prazo de execución é dun mes.

Goteiras e humidades
A instalación deportiva ten unha década de existencia e o estado de conservación é bo en liñas xerais. Non obstante, é relativamente frecuente a aparición de goteiras en diversos puntos e humidades en paredes e pista de xogo, o que dificulta a práctica deportiva en días chuviosos.

Ante o exposto, o Concello de Riveira decidiu proceder á renovación da cuberta e para tal fin instalarase –previa desmontaxe da actual- á colocación dunha nova, a base de panel sandwich nervado, de 30 milímetros de espesor, formado por dous chapas de aceiro prelacado de 0,50 milímetros e, entre ambas, un illamento de escuma de poliuretano ríxido de 40 kilos/metro cúbico de densidade media.

Por último, procederase á instalación e protección de canalóns e baixantes de cuberta.