Miño despide hoxe o San Pedro cun compendio de actividades para pequenos e maiores, nunha xornada marcada polo festivo local. Arrincou ás 10:30 coa sesión de lumes (salvas), para posteriormente dar paso ao desfile de Gaiteiros e Cabezudos tradicionais co grupo Vos Viqueiras.
Ás 12:30 horas celebrouse a misa, e unha hora máis tarde, ás 13:30 horas, Chus Lestayo protagonizou a sesión vermú.
Para a tarde, están programadas as actuacións de Astrogirl e do Grupo Maracaibo. O fin de festa poñerano os fogos artificiais, cara as 23:30 horas.