O corte producirase a partir 8:30 horas e afectará ao Campo de Noia, Bergondo, Obre, Sobreviñas, Chainza, Argalo e rúa do Forno
O Concello de Noia informa de que mañá martes 30 de xuño terá lugar un corte no subministro de auga por mor do desenvolvemento das obras de adecuación da fachada marítima de Noia. Un corte que comezará ás 8:30 horas e que afectará aos veciños e veciñas do Campo de Noia, Bergondo, Obre, Sobreviñas, Argalo, Chaínza e rúa do Forno.
As obras darán continuidade ás realizadas o pasado 3 de xuño, momento no que se instalou a nova tubaxe de auga. Mañá os traballos consistirán na conexión da nova tubaxe coa rede actual. O Concello de Noia adianta as súas desculpas polas molestias ocasionadas e agarda que o servizo de subministro de auga poida estar restablecido o máis pronto posible na propia mañá do martes.