Friday 22 de November de 2024

O Concello acomete melloras en varios tramos da vía Mariana que pasan polas parroquias de Baíñas e Berdoias


Estes traballos contemplan a limpeza de varios tramos, co que se evitará transitar por estrada, e a colocación de sinalética, impulsado polas asociacións veciñais das dúas parroquias.
O Concello de Vimianzo acometeu melloras en varios tramos da vía Mariana que pasan polas parroquias de Baíñas e Berdoias. A administración local acometeu melloras que contemplan a limpeza de varios tramos e a colocación de sinaltica, que impulsaron as asociacións de Baíñas e Berdoias.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou a ‘implicación das veciñas e veciños de Berdoias e Baíñas, que contribuíron a adecentar unha das rutas de peregrinación máis empregadas’, comentou a rexedora.
Está previsto que estes traballos rematen o día 1 de xullo, xa que os vehículos todavía se atopan no lugar realizando as actuacións. En concreto, arranxarase o camiño entre o límite municipal ata Baíñas, e executáronse as limpezas de toda esta senda ao seu paso polo termo municipal de Vimianzo. Recuperouse, á súa vez, un tramo á altura de Baíñas, xa que estaba completamente soterrado pola vexetación, e a terra estaba en moi mal estado. Ademáis, nunha das etapas, evitarase ir por estrada grazas a estas actuacións. Tamén se executaron traballos de limpeza e adecentamento nas Carreixas e
sinalarase toda esta vía Mariana.
Desde o Concello, amósanse os agradecementos ás asociacións ‘Baíñas no Camiño’ e á ‘Asociación de veciños de Berdoias’ a axuda amosada pola colocación dos carteis que axudarán a moitas e moitos peregrinos a atopar con maior facilidade estas sendas. Esta tarde realizáronse estas tarefa de sinalización en parte do tramo, ás que acudiron o tenente de alcalde, Víctor Muíño, e o presidente da Asociación ‘Baíñas no Camiño’, Ramón Trillo.